Letra A Frol D'augoa de Luar Na Lubre

Letra de A Frol D'augoa

Luar Na Lubre


A Frol D'augoa
Luar Na Lubre
(0 votos)
¿Onde vai nosa señora
Onde vai Santa María?
- Vai cara a banda do mar
Vai cara a manda da ría
¿Que dis a virxe, que dis
Que dis Santa María?
- ¿Cal será a meniña, cal
Que colla s frol d´augoa fria?
- Non será dama nen deuda
Que será a princesa Aldina
A princesa namorada
Filla do rei de Galicia
Tan feitiña e tan bonita
C´aqueles seus ollos craros
Do color d´augoa da ría
Soio ti, Aldina, serás
Quen leve a frol d´augoa fria
Erguete do leito, nena
Ven cara a banda do mar
Qu´anque ti veñas soiña
En compaña has de tornar
Erguete do leito, nena
Ven cara a banda da ría
Qu´anque ti soiña veñas
Tornarás en compañía
Na torre do real palacio
Anque inda está lonxe o día
Móvense os liños dun leito;
Algunha xente se erguía
¡é a princesa! ¡Deul-a garde!
Era a moi garrida Aldina
Que vai día de San Xoán
Catal-a frol d´augoa fria


Comparte A Frol D'augoa! con tus amigos.


Que tal te parece A Frol D'augoa de Luar Na Lubre?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente