Letra A raíz do toxo verde de A Roda

Letra de A raíz do toxo verde

A Roda


A raíz do toxo verde
A Roda
(0 votos)
A Raíz Do Toxo Verde (A Roda)

A raíz do toxo verde, (Bis)
e moi mala de arrincar-e.

Os amoriños primeiros, (Bis)
son moi malos de olvidar-e,
(Bis)

Retrouso
Ai lara lala, ai lara lala,
ai lara lala, ai lara lala laira.

Sei de un niño de un carrizo, (Bis)
na cabeza de un repolo.

Deron as mozas con el, (Bis)
levaron caños de todo.
(Bis)

Retrouso
Ai lara lala, ai lara lala,

Unha vella díxolle a outra, (Bis)
polo burato da porta.

Ti goberna a túa vida, (Bis)
que a miña nada che importa.
(Bis)

Retrouso
Ai lara lala, ai lara lala,

A miña muller morreume, (Bis)
enterreina no palleiro.

Deixeille un brazo de fora, (Bis)
pra que tocara o pandeiro.
(Bis)

Retrouso
Ai lara lala, ai lara lala,

Miña nai e mais la túa, (Bis)
quedan no río berrando.

Por culpa de unha galiña, (Bis)
que ten amores co galo.
(Bis)

Retrouso
Ai lara lala, ai lara lala,

Nena que vendes as peras, (Bis)
cantas che mandaron dar-e.

Para ti meu queridiño, (Bis)
non más mandaron contar-e.
(Bis)

Retrouso
Ai lara lala, ai lara lala,

Está noite e mais la outra, (Bis)
e mais la outra pasada.

Abalei unha pereira, (Bis)
que nunca fora a balada,
(Bis)

Ai lara lala, ai lara lala,
ai lara lala, ai lara lala laira.


Comparte A raíz do toxo verde! con tus amigos.


Que tal te parece A raíz do toxo verde de A Roda?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente