Xusto aquí
Foi onde medraron as bolboretas
Que foron xuntando as letras
Da nosa revolución
Foi xusto aquí,
No campo no que xogan as estrelas
E onde as pedras molladas berran que hai unha guerra que non rematou
Onde a ilusión da primeira asemblea
Regala miradas que incendian
As noites eternas nas que non queremos durmir
Entre sucios apuntes
E fume furtivo
Tragamos o medo,
Pasamos á acción,
E dixemos que non.
Foi xusto aquí, en Compostela
Resistir
Neste obradoiro da identidade,
Construíndo realidades que quixeron desaloxar.
Xunto a ti
En centros sociais e facultades
Que son epicentro dun combate que non sae nas fotos das súas postais
Cae o sol o 24 de xullo,
Traemos a terra nos puños,
O lume nos beizos
E a brisa do mar nos pulmóns
E lémbrome de min
Baixo eses soportais
Mirando na rúa ós paraugas
Berrar nunca mais!!
Un labirinto de sentimentos dentro de min
Ó baixarme dese tren,
Volven os bicos, bagoas e sorrisos,
Vellas amizades e aquela canción que na tua habitación escribimos xuntas.