Letra Amor E Sangue En Chiapas de Labregos do tempo dos Sputniks

Letra de Amor E Sangue En Chiapas

Labregos do tempo dos Sputniks


Amor E Sangue En Chiapas
Labregos do tempo dos Sputniks
(0 votos)
Ando á procura dunha ollada súa
que me confirme a fé que teño nela
e avanzo a cegas coa maior firmeza
noutra rebelión xusta que interna
nunha urxente esixencia de certezas
para este corazón revelde e zapatista
obrigado a loitar polo evidente
cunha serea furia
antiga e sabia
Desde o amor que resiste ó que reprime
con ella por compaña como antes
ou eu só ben armado de nostalxias
deixareime invadir de sangue maia
para que retorne á sua propia terra
ou consiga vivir outras mil vidas
en loita contra o mundo
se é preciso
crebándolle o pescozo
e desviando
á historia do seu curso
xunto coas mesmas víctimas
de sempre


Comparte Amor E Sangue En Chiapas! con tus amigos.


Que tal te parece Amor E Sangue En Chiapas de Labregos do tempo dos Sputniks?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente